CONTA XERAL

En 2015 quedaron sen gastar máis de 1 millón de euros en emprego e 1,5 millóns en protección social

Pazo de Raxoi
pazo.raxoi

O BNG abstense na aprobación da Conta Xeral de 2015

En 2015 quedaron sen gastar máis de 1 millón de euros en emprego e 1,5 millóns en protección social

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2016.- O grupo municipal do BNG permitiu, coa súa abstención, a aprobación da Conta Xeral de 2015.

Rubén Cela, en rolda de prensa, referiuse á “paternidade compartida no primeiro semestre do PP e do segundo por CA dunha Conta xeral que achega indicadores que aparencialmente poden parecer positivos como a liquidez e o superávit, mais a foto fixa resulta enganosa de non analizar en profundidade todos os datos”.

Entre os indicadores “preocupantes”, afirmou, aflora que se duplicou o período medio de pagamento a provedores, incrementouse nos últimos 12 meses o endebedamento do Concello de Santiago, diminuíu o gasto medio por habitante (en 2010 era de 1.173 euros en 2015 é de 938 euros), recortouse en 2 puntos a autonomía fiscal e baixou o nivel de execución (en 2013 era dun 77,8% e en 2015 de 72,7%, cando quedaron sen gastar partidas de máis de 1 millón de euros en emprego e 1,5 millóns de euros en protección social).

“O nivel de execución do capítulo de investimentos foi do 27%”, engadiu, “de cada 100 euros que tivo este Goberno de Compostela Aberta para facer obras en Santiago deixou sen executar 73 euros, unha mala xestión máis tendo en conta a situación xeral da cidade, nun estado calamitoso de rúas, beirarrúas e equipamentos e cando este é un dos instrumentos reais para intervir na economía local, tanto na creación de postos de traballo directos nesas obras como indirectos”.

Ademais, “saltaron as alarmas na comisión de Facenda, cando se deu conta dun avance da liquidación do orzamento 2016, correspondente ao primeiro semestre”. “No capítulo de investimentos van iniciados 4,3 millóns de euros cando o ano pasado ían 10 millóns á mesma altura e hai un número importantísimo de partidas nas que non se executou nin un só euro”, advertiu.

 

 

En 2015 quedaron sen gastar máis de 1 millón de euros en emprego e 1,5 millóns en protección social