ELECCIÓNS

Alexandre Garrido

Alexandre Garrido
Alexandre Garrido

Alexandre Garrido vai no número 15 da candidatura do BNG ás eleccións municipais

Alexandre Garrido

Teño 27 anos e nacín na Estrada de onde me mudei a Compostela para estudar Bioloxía. Especialiceime en microbioloxía clínica e dediqueime 4 anos á investigación entre Santiago, Praga e Copenhague. En 2017 volvín da emigración coa intención de labrarme unha vida no país, e comecei o mestrado de Profesorado na USC e a carreira de Antropoloxía na UNED. Neste momento traballo como profesor de FP en Compostela e pretendo comenzar un doutoramento en setembro.

Comecei a miña militancia política moi novo, entrando en Galiza Nova con 16 anos. Ao chegar á universidade entrei en Comités chegando a ser o responsable de Bioloxía e Farmacia. Dende aquela dediquei case todo o meu tempo libre ao traballo en movementos sociais, dende o 15M, STOP Desafiuzamentos, Refuxiadas Compostela, BDS Galiza, e participando na actividade dos distintos centros sociais da cidade. Nos últimos anos centro o meu activismo no movemento LGBT, comezando na organización BLUS en Dinamarca e nos espazos LGBT do BNG e Galiza Nova (onde formo parte da mesa nacional LGBT), e en 2017 participando na creación da organización Avante LGBT (organización LGBT anticapitalisa, feminista e galeguista de implantación nacional e máis de 300 membros) na cal ocupo a posición de Responsable de Organización na Coordinadora Nacional.