ELECCIÓNS

Ana Pontón estará este martes no mitin central do BNG en Compostela

Será ás 20:00 horas na praza da Quintana
Ana Pontón estará este martes no mitin central do BNG en Compostela

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2020.- O BNG chama a participar no acto central do BNG en Compostela, que será este martes 7 de xullo ás 20:00 na praza da Quintana, coa intervención da candidata á Presidencia da Xunta Ana Pontón, para dar a coñecer as propostas do cambio galego en favor dun modelo que prime a economía, os dereitos sociais, a defensa dos servizos públicos, a cultura, a lingua galega e a nosa identidade como país.

Neste mitin, ademais de Ana Pontón, intervirán Xosé Luís Rivas “Mini”, Néstor Rego, Rafa Vilar, Daniela Ferrández e Goretti Sanmartín.

Para o BNG, construír un futuro diferente esixe políticas propias, tomar desde Galiza as propias decisións e o resultado do 12X, co apoio a Ana Pontón, servirá para poñer en marcha unha nova Galiza.

O BNG defende unha Galiza viva no económico, xusta no social e forte no autogoberno, que mellore o futuro e as oportunidades para aproveitar o talento e os recursos coa idea de xerar riqueza no propio país.

Deste xeito, reclama converter o descontento acumulado polas políticas do PP nunha mobilización masiva nas urnas o vindeiro 12X para concentrar o seu voto no BNG e conseguir un cambio galego que permita abrir un tempo novo cunha muller presidenta e cun Goberno preparado para defender este país.

Ana Pontón estará este martes no mitin central do BNG en Compostela