SERVIZOS

O BNG advirte que en 10 días remata o contrato da limpeza do Pazo de Raxoi e CA non iniciou o novo concurso

Rubén Cela lembra que aínda non se iniciaron as xestións para a nova licitación e o servizo vaise manter en precario

O BNG advirte que en 10 días remata o contrato da limpeza do Pazo de Raxoi e CA non iniciou o novo concurso

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2018.- O grupo municipal do BNG de Santiago lémbralle ao Goberno local de Compostela Aberta que o mércores 30 de maio conclúe o contrato da limpeza das instalacións municipais no Pazo de Raxoi e aínda non se iniciaron as xestións para a nova licitación.

 

Este servizo sumarase, así, á longa listaxe de concesionarias que operan sen contrato e se manteñen en precario pola mala xestión do Goberno municipal neste ámbito. Neste sentido, o BNG leva meses advertindo desta situación do servizo de limpeza do Pazo de Raxoi e, a 10 días vista de rematar o contrato, amosa a súa preocupación porque non moveu un papel para iniciar o procedemento para o novo concurso, o que pode repercutir na calidade do servizo e nas condicións laborais do persoal.