O BNG agarda “que non teñan que pasar outros tres anos” para que se fagan os demais aparcadoiros

O BNG agarda “que non teñan que pasar outros tres anos” para que se fagan os demais aparcadoiros

Rubén Cela visitou as obras da zona de estacionamento da Pontepedriña, impulsadas mediante un acordo plenario a iniciativa do BNG

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2015.- O portavoz municipal do BNG, Rubén Cela, sobre a visita ás obras do aparcadoiro da Pontepedriña, advertiu que “aínda quedan pendentes de realizar as restantes zonas de estacionamento do plan sectorial de aparcadoiros disuasorios ligados ao fomento del transporte público que presentou a Xunta en 2012”.

Por este motivo, indicou, “agardamos que se materialice a seguinte actuación antes dos tres próximos anos, tempo que tardaron en executar as obras este aparcadoiro da Pontepedriña”. Así, aproveitou para lembrar que para o BNG é unha “actuación prioritaria a ampliación e ordenación do aparcadoiro do CHUS, que padece unha situación calamitosa que sofren milleiros de persoas a diario”.

Destacou tamén o acordo plenario conseguido grazas a unha iniciativa do BNG para axilizar este aparcadoiro da Pontepedriña, mais o da contorna do Conservatorio de Música, que segue pendente de realizar “e agora tócalle a este Goberno local axilizar as xestións para que se leve adiante esa obra”.

O BNG agarda “que non teñan que pasar outros tres anos” para que se fagan os demais aparcadoiros