PORTAVOZ NACIONAL

O BNG anima a participar no acto "Conversas con Ana Pontón” para falar do nacionalismo como alternativa política para Galiza

Tarxeton_Ana_Ponton
Tarxeton_Ana_Ponton

Será este mércores 23 de novembro ás 20:00 horas na Casa do Matadoiro
 

O BNG anima a participar no acto "Conversas con Ana Pontón” para falar do nacionalismo como alternativa política para Galiza

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016.- As “Conversas con Ana Pontón” chegan a Compostela, cun acto aberto para falar do nacionalismo como alternativa política para Galiza. Será o mércores 23 de novembro ás 20:00 horas na Casa do Matadoiro, a carón da Porta do Camiño.

No evento, a portavoz nacional explicará que se abre un tempo novo para repensar Galiza como proxecto para definir, colectivamente, o modelo produtivo, social e cultural dun país que temos que facer viábel, inclusivo e próspero.

Deste xeito, anima a asistir a mocidade de Compostela a este acto para facela partícipe dun momento en que se debe construír máis “poder galego" para reforzar o país e avanzar no seu empoderamento social e cultural, cunha aposta por construír un tecido social e económico máis vivo, dinámico e conectado que axude a mobilizar e a conectar as enerxías do país nun deseño máis autocentrado, consciente, intelixente e orientado a crear riqueza e emprego.

Explicará tamén que, para o BNG, estas propostas deben relacionar a articulación de poder galego por abaixo, coa vertebración do país e coa necesidade de avanzar en parcelas de capacidade de decisión real para Galiza.