O BNG apoia a concentración da CIG en rexeitamento ao TTIP

O BNG apoia a concentración da CIG en rexeitamento ao TTIP

En Santiago será este sábado 17 de outubro ás 12.00 h na praza de Galiza en rexeitamento ao Tratado Transatlántico de Libre Comercio

Trátase de manifestar a oposición do pobo galego aos acordos da Unión Europea con Canadá (CETA, xa aprobado) e cos Estados Unidos (TTIP, en proceso de negociación), tendo en conta:

1. Non son tratados comerciais, senón unha coartada para eliminar calquera impedimento aos investimentos das empresas transnacionais, suprimindo os controis e as condicións derivados das lexislacións nacionais/estatais.

2. Entrarán en vigor con cláusulas secretas. Algunhas addendas, cláusulas e anexos, non poderán ser divulgados ata 10, 15 ou 25 anos despois da súa aprobación e aplicación.

3. Reducen a soberanía nacional, supeditándoa aos intereses económicos dos grupos empresariais. Son profundamente antidemocráticos.

4. Desregulamentan as relacións laborais por seren un impedimento para a obtención de beneficios. De igual xeito, revisaranse á baixa as lexislacións de protección da natureza, control de agrotóxicos, seguridade alimentar, produtos médico-farmacéuticos, cultivo de transxénicos, utilización de hormonas na alimentación animal...

5. A privatización será practicamente total. Todas as actividades industriais , comerciais e de servizos entran no catálogo de actividades a privatizar. Só tres excepcións: control de fronteiras, control do espazo aéreo e aparello xudicial.

6. Galiza terá terá moito máis limitada a súa capacidade de intervención na economía e na sociedade, agravando aínda máis a nosa dependencia de Madrid e Bruxelas.

O BNG apoia a concentración da CIG en rexeitamento ao TTIP