MOBILIDADE

O BNG demanda a reparación da beirarrúa de Ulpiano Villanueva que dous meses após un incendio segue coas lousas levantadas

vite01
Vite

Os peóns vense na obriga de baixar á estrada para pasar

O BNG demanda a reparación da beirarrúa de Ulpiano Villanueva que dous meses após un incendio segue coas lousas levantadas

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2017.- O grupo municipal do BNG presentará unha pregunta oral ao Pleno para coñecer cando ten previsto o Goberno local arranxar a beirarrúa de Ulpiano Vilanueva, en Vite, que quedou intransitábel logo de que ardesen varios contedores de residuos hai dous meses.

O pasado 16 de agosto foron queimados diversos contedores da rúa Ulpiano Villanueva e, dende esa data, as lousas están levantadas, o que supón un auténtico perigo para as persoas que queiran ir por esa beirarrúa. Un tramo está intransitábel e  as persoas maiores e as que levan carriños de crianzas ou da compra vense na obriga de teren que baixar á estrada para pasar.

Para o BNG, isto é unha mostra máis do desleixo do Goberno de Compostela Aberta, pois a brigada de obras ten que actuar de urxencia para reparar este tipo de incidentes co fin de restabelecer a zona o antes posíbel cando se produce e evitar problemas cotiás de mobilidade.

Deste xeito, trasladará unha pregunta oral ao alcalde para coñecer cando se vai proceder ao arranxo da beirarrúa de Ulpiano Villanueva afectada por un incendio.

O BNG demanda a reparación da beirarrúa de Ulpiano Villanueva que dous meses após un incendio segue coas lousas levantadas