O BNG demándalle ao alcalde unha copia da documentación da liquidación do Orzamento de 2015

O BNG demándalle ao alcalde unha copia da documentación da liquidación do Orzamento de 2015

Co fin de coñecer a xestión de ingresos e gastos realizados durante ese exercicio

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2016.- O grupo municipal do BNG requiriu, mediante unha carta dirixida ao alcalde Martiño Noriega, unha copia da liquidación do Orzamento de 2015 co fin de coñecer a xestión de ingresos e gastos realizados durante ese exercicio.

O BNG fixo este requirimento en aras da transparencia, tendo en conta que os concellos deben elaborar a liquidación do orzamento antes do 1 de marzo e a súa aprobación lle corresponde ao presidente da Corporación, previo informe da Intervención municipal.

Así, demandoulle copia da documentación da liquidación do Orzamento 2015 ao grupo de Goberno, xa que tres meses despois non foi remitida aos grupos da oposición.

O BNG demándalle ao alcalde unha copia da documentación da liquidación do Orzamento de 2015