ORGANIZACIÓN

O BNG elixe novo Consello local encabezado por Xesús Domínguez

Consello local
Consello local

Aprobouse tamén o plan de traballo para os vindeiros meses

O BNG elixe novo Consello local encabezado por Xesús Domínguez

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017.- O BNG de Santiago renovou o seu Consello local, cunha candidatura liderada por Xesús Domínguez, que foi aprobada pola asemblea co 92% dos votos a favor e ningún en contra.

Entre as persoas que integran a candidatura están Xesús Domínguez, Rubén Cela, Goretti Sanmartín Rei, Concha de la Fuente, Lois Calvelo, Marta Domínguez, Manuel Barral, Xosé Dios, Mercedes Espiño, Xoán Fernández Bello, Alexandre López, Helena Maio, Lorena Tarrío, Ignacio Louzao, Míriam Fernández, Manuel Dacal, Laura Oliveira, Margarita Otero, Iria Méndez, Xosé Casal, Héctor López de Castro, Susana Grille, Marcos Paino, Moisés Rivadulla e Rosa Valcárcel.

Na asemblea local aprobouse tamén o plan de traballo para os vindeiros meses con propostas de actividades políticas centradas no contacto co asociacionismo veciñal, na defensa do medio ambiente, na mobilidade e na mellora do hábitat urbano de Santiago de Compostela, ademais da preparación de eventos arredor do Día da Patria.