LGBTI

O BNG expresa a súa repulsa pola presenza do bus transfóbico de Hazte Oír

“Representa o que aínda queda por facer en materia de educación, visualización e normalización da diversidade afectivo-sexual”, advertiu Rubén Cela

O BNG expresa a súa repulsa pola presenza do bus transfóbico de Hazte Oír

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2017.- O portavoz do grupo municipal nacionalista en Raxoi, Rubén Cela, expresou en rolda de prensa “a repulsa do BNG á presenza do bus de Hazte Oír nas rúas de Compostela.

Por estes motivos, o BNG participou nunha manifestación convocada de urxencia o pasado xoves e na concentración da praza do Obradoiro do venres, pois ese bus “é a antítese do que é Santiago de Compostela: unha cidade aberta, plural e respectuosa coa diversidade sexual, relixiosa e nacional”.

“Ese é o bus do odio, da intolerancia e ofensivo contra milleiros de persoas e representa todo o que aínda queda por facer en materia de educación, visualización e normalización da diversidade afectivo-sexual”, explicou.