ORA

O BNG inicia a campaña “ORA de balde xa” cunha recollida de sinaturas a favor desta iniciativa

ORA
ORA

Conseguiu aprobar no Pleno que a memoria económica da ORA inclúa esta posibilidade de aparcamento rotatorio e gratuíto

O BNG inicia a campaña “ORA de balde xa” cunha recollida de sinaturas a favor desta iniciativa

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2018.- O BNG conseguiu aprobar no Pleno ordinario de febreiro, sen ningún voto en contra, unha iniciativa que supón “un paso importante” para incluír na memoria económica da ORA a posibilidade de que o sistema de aparcamento en Santiago de Compostela sexa rotatorio e de balde.

Para Rubén Cela, “o máis preocupante foi que o Goberno local recoñeceu que non se liquidou o contrato da ORA pese ao acordo da Xunta de Goberno de outubro de 2015 motivado pola sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e que non desmentisen que a empresa Setex Aparki non ingresou un só euro en concepto de canon fixo nin variábel e, ademais, Compostela Aberta non deu ningunha explicación”.

Ademais, anunciou que o BNG instalará unha carpa informativa dentro da campaña “ORA de balde xa” para a recollida de sinaturas co fin de reclamar que este sistema de aparcamento sexa gratuíto. As persoas interesadas poden achegarse o venres 15 de febreiro pola tarde á praza Roxa e o sábado 16 de febreiro á praza de abastos.