ASOLAGAMENTOS

O BNG insta ao Goberno de Compostela Aberta a aplicar de urxencia o plan contra asolagamentos

Polígono do Tambre
Polígono do Tambre

Ademais de ser unha prioridade, constitúe un dos puntos incluídos na negociación para aprobar os Orzamentos municipais

O BNG insta ao Goberno de Compostela Aberta a aplicar de urxencia o plan contra asolagamentos

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2018.- O grupo municipal do BNG reclamou a implementación do plan contra os asolagamentos, toda vez que coas últimas chuvias se volveron repetir os problemas nas mesmas zonas onde estaba previsto actuar. En concreto, o BNG recibiu queixas das pozas que se formaron do Polígono do Tambre e en numerosos puntos da rede viaria de Santiago de Compostela.

Para o BNG, é unha prioridade executar o plan contra asolagamentos a respecto doutras obras secundarias porque representan un verdadeiro problema de seguranza viaria que se pode corrixir con vontade política.

Lembra tamén o BNG que este plan contra asolagamentos constitúe un dos puntos incluídos na negociación para aprobar os Orzamentos municipais e supón un incumprimento máis dos compromisos adquiridos polo Goberno de Compostela Aberta.