OBRAS

O BNG insta a completar as obras inacabadas da rúa Betanzos e de Basquiños

Rúa de Betanzos
Rúa de Betanzos

Cómpre concluír as fases para evitar prolongar as molestias á veciñanza

O BNG insta a completar as obras inacabadas da rúa Betanzos e de Basquiños

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2018.- O grupo municipal do BNG recibiu queixas da veciñanza da rúa de Betanzos, na zona da Almáciga, pola falta de arranxo dunha beirarrúa moi transitada, pois coas obras de reurbanización só actuaron no lado dos números impares e quedou a dos pares chea de fochancas e con lousas arrincadas que dificultan o paso.

Aliás, o BNG reclama que se impulse a terceira fase de Basquiños, posto que no cruce da subida da Pastoriza quedaron as obras e medio rematar, con cemento á vista sobre a pedra para continuar coa intervención, tapas de sumidoiros mal asentados e fórmanse pozas de auga ao chover. Esta rúa, ao estar perto dos edificios administrativos da Xunta, en San Caetano, é moi transitada tanto por persoas que van a pé como en transporte público ou vehículo privado, polo que cómpre completar a actuación de reurbanización.

Para o BNG, a calidade urbana tamén se mide polo resultado das obras e polo tempo en que se realizan as intervencións, pois se deben reducir as molestias que ocasionan e non interromper as fases. O feito de deixalas inacabadas, ademais de ser máis custoso, ocasiona malestar e problemas innecesarios á veciñanza.