NACIONALISMO

O BNG organiza un acto informativo sobre “Cen anos de nacionalismo galego” con Xusto Beramendi e Goretti Sanmartín

nac
Cartaz

Será o mércores 21 de novembro ás 20:30 no Vide-Vide

O BNG organiza un acto informativo sobre “Cen anos de nacionalismo galego” con Xusto Beramendi e Goretti Sanmartín

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2018.- A conmemoración do centenario do nacionalismo galego por parte do Bloque Nacionalista Galego continúa coa axenda de actos programados nas cidades e vilas do país, baixo o lema “Somos unha nación”, cun evento organizado en Santiago de Compostela en que participarán o catedrático emérito de Historia da USC Mario Beramendi e a candidata á Alcaldía, Goretti Sanmartín.

No evento realizarase un repaso histórico ao labor de impulso das Irmandades da Fala, do Grupo Nós, do Seminario de Estudos Galegos, do Partido Galeguista, da campaña en defensa do Estatuto, de Galeuzka e da resistencia antifranquista. Será un acto aberto ao público que se celebrará o mércores 21 de novembro ás 20:30 no Vide-Vide (rúa da Fonte de Santo Antonio, 10).

Ademais, poranse á venda reproducións da lámina de acuarela deseñada por Leandro Lamas con motivo do centenario do nacionalismo, que recolle a idea do proxecto colectivo iniciado coas Irmandades da Fala en 1918 e con continuidade hoxe no Bloque Nacionalista Galego. Inclúe graficamente loitas a favor da reafirmación de Galiza como nación e das accións pola xustiza social como a defensa do territorio, o feminismo, a igualdade e o combate contra todas as dominacións.

“Somos unha nación” é unha campaña en positivo para reivindicar os dereitos políticos de Galiza fronte á involución democrática, unha celebración desde o orgullo de ser galegos e galegas con voz propia no mundo e con dereito a decidir o noso futuro.

O BNG organiza un acto informativo sobre “Cen anos de nacionalismo galego” con Xusto Beramendi e Goretti Sanmartín