ELECCIÓNS

O BNG organiza un acto público para informar do “tarifazo” da luz

Será o sábado ás 17:30 no centro sociocultural do Castiñeiriño

O BNG organiza un acto público para informar do “tarifazo” da luz

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2019.- O BNG de Santiago de Compostela organiza un acto informativo, este sábado ás 17:30 h. no centro sociocultural do Castiñeiriño, sobre a suba da tarifa da luz. En Galiza págase a factura da luz das máis caras do Estado e o BNG insiste en reclamar a redución  do IVE do 21% ao 4% e unha tarifa eléctrica galega que nos beneficie como país produtor de enerxía.

Neste acto aberto ao público participarán a cabeza de lista do BNG, Goretti Sanmartín, o candidato Lois Calvelo e o técnico de enerxías renovables Xosé Manuel Golpe, para explicaren as últimas medidas adoptadas polo Goberno do Estado, que nos prexudican dobremente ao aplicar un suplemento territorial a Galiza, ademais de asumir historicamente na nosa factura os gastos de distribución aos lugares onde exportamos a enerxía producida aquí.

Pese Galiza ser un país produtor, é vítima do espolio enerxético das empresas eléctricas que non se libra da suba xeral da electricidade, cun incremento na última década do 80% e dun 9% no último ano. Unha estafa, consentida e amparada polo Goberno español, que agrava a situación de percibir dos salarios e pensións máis baixas do Estado.

Ademais, o consumo de luz nas vivendas ten o IVE dos máis altos de Europa e foi o PP quen incrementou a contía, pasando do 18% ao 21%. Mais agora o PSOE négase tamén a reducilo, cando BNG propón que a factura da luz eléctrica, como ben básico, teña unha aplicación dun 4%