ACTO PÚBLICO

O BNG organiza un acto público este martes sobre a mina de Touro – O Pino

acto.mina.touro
acto.mina.touro

A charla co título “Queremos un rural rico, produtivo e con futuro” será o martes 20 de febreiro ás 20:00 h. no Vide-Vide

O BNG organiza un acto público este martes sobre a mina de Touro – O Pino

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2018.- Unha charla informativa, enmarcada na campaña contra a explotación da mina de Touro – O Pino, servirá para dar a coñecer as consecuencias desta actividade que afectará a 500 hectáreas de produción agraria e forestal.

Este acto público de rexeitamento á mina de Touro - O Pino contará coas intervencións da responsábel comarcal de Compostela, Elvira Cienfuegos; do secretario executivo de ADEGA, Fins Eirexas; e do portavoz do BNG en Touro, Xan Louzao. Será o martes 20 de febreiro ás 20:00 h. no espazo enocultural Vide-Vide (rúa da Fonte de Santo Antonio, 10 – Santiago de Compostela).

A explotación mineira trátase dun proxecto con grave impacto ambiental e na saúde, que vai repercutir na eliminación de mananciais de captación de auga para consumo doméstico, con afectación ás augas subterráneas e superficiais, aos ríos e ao propio Ulla que poden sufrir contaminación das augas con metais pesados, ademais da construción dun enorme depósito de residuos altamente contaminante fronte ao núcleo de Arinteiro, impacto paisaxístico con entulleiras a unha altitude moi superior á actual do terreo.