MOBILIDADE

O BNG organiza unha charla co alcalde de Pontevedra para dar a coñecer o modelo de cidade

Será o mércores 28 de febreiro no Museo das Peregrinacións, enmarcado na campaña “ORA de balde xa”

O BNG organiza unha charla co alcalde de Pontevedra para dar a coñecer o modelo de cidade

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2018.- O BNG organiza un acto informativo con Miguel Anxo Fdez. Lores, alcalde de Pontevedra, onde contará a experiencia sobre o sistema alternativo de mobilidade con aparcadoiros de balde integrado nun modelo de cidade accesíbel con recoñecemento internacional. Será o mércores 28 de febreiro ás 20:00 h. no Museo das Peregrinacións, na praza de Praterías.

Este evento fai parte da campaña “ORA de balde xa” impulsada polo BNG para procurar un cambio de xestión no sistema de aparcamento público rotatorio que debe servir para entroncar cun novo xeito de entender a mobilidade e os espazos públicos, no camiño de facer de Santiago de Compostela unha cidade de maior escala humana para mellorar a calidade de vida.

Toda vez que o contrato coa empresa concesionaria da ORA está anulado por sentenza xudicial e que se principiou o proceso de municipalización, para a recuperación da xestión directa deste servizo, o BNG aposta por implantar un sistema público de aparcadoiro rotatorio de balde co obxectivo de avanzar nun modelo de cidade cun novo xeito de entender a mobilidade e os espazos públicos en Santiago de Compostela, como así ten demostrado o Goberno nacionalista de Pontevedra.

O BNG organiza unha charla co alcalde de Pontevedra para dar a coñecer o modelo de cidade