PLENO

O BNG pregunta cando se vai reformar a cuberta do Pazo de Raxoi

tellado
Tellado do Pazo de Raxoi

A falta de mantemento xunto cos golpes dos fogos artificiais e a carencia de coidado cando se realizan labores de vixilancia provocan a rotura das tellas

 

 

O BNG pregunta cando se vai reformar a cuberta do Pazo de Raxoi

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2018.- O BNG rexistrou unha pregunta dirixida ao Goberno local para coñecer cando se van realizar as obras de reforma da cuberta do Pazo de Raxoi, que padece filtracións de auga por mor das tellas rotas e amoreadas nos últimos anos.

O tellado do Pazo de Raxoi atópase nun estado de deterioración importante causado pola falta de mantemento, polos golpes debidos aos fogos artificiais das festas do Apóstolo e a carencia de coidado cando se realizan labores de vixilancia da praza do Obradoiro, segundo explicou persoal municipal.

Con esta reforma, pódese crear un acceso directo e seguro aos mastros das bandeiras dende o tellado, posto que na actualidade hai que mobilizar un vehículo de bombeiros cada vez que se cambian as insignias.

O BNG pregunta cando se vai reformar a cuberta do Pazo de Raxoi