CULTURA

O BNG pregunta polas xestións para a creación do ‘cheque cultural’ desde que Compostela Aberta chegou á Alcaldía

Trátase dunha medida do programa para permitir desgravar o consumo de cultura nos impostos municipais

O BNG pregunta polas xestións para a creación do ‘cheque cultural’ desde que Compostela Aberta chegou á Alcaldía

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2018.- A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, interpelará o Goberno local sobre a proposta do cheque cultural que levaba Compostela Aberta no programa electoral.

En concreto, o programa de Compostela Aberta incluía a creación dun cheque cultural que permita desgravar nos tributos locais xustificando o consumo de cultura na cidade.

Deste xeito, o BNG preguntará polas xestións que se realizaron para a creación dese cheque cultural desde que Compostela Aberta chegou á Alcaldía.

Outra das preguntas é se ten previsto implementar esta medida nas ordenanzas fiscais.