MOBILIDADE

O BNG pregunta polo arranxo e mantemento dos paneis informativos dos autobuses

paneis
paneis
A conexión interrómpese con frecuencia e dificulta o manexo de horarios e tempos de espera para as persoas usuarias do transporte público
O BNG pregunta polo arranxo e mantemento dos paneis informativos dos autobuses

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2020.- O grupo municipal BNG recibiu queixas de persoas usuarias de transporte público que, con frecuencia, ven interrompido o servizo de información das marquesiñas de autobús, o que dificulta o manexo de horarios e tempos de espera.

Por estes motivos, rexistrou unha pregunta para saber cando ten previsto o Goberno local dar indicacións para arranxar e facer o mantemento adecuado destes paneis informativos das marquesiñas de autobuses.

Nesta ocasión, pódense sinalar os paneis da parada de autobús da Pastoriza, da avenida Castelao e da avenida do Camiño Francés que non están activos. Mesmo o propio da estación de autobuses rexistra erros de funcionamento.

O BNG considera necesario que o Goberno local do PSOE vele pola boa conexión destes paneis informativos co fin de facilitar o uso de transporte público colectivo e de mellorar a mobilidade en Santiago de Compostela.