PLENO

O BNG pregúntalle ao alcalde cando van executar as obras de urbanización pendentes na rúa Valiño

O Goberno local comprometérase nos plenos de novembro de 2016 e de xuño de 2017 a realizar estas actuacións de inmediato

O BNG pregúntalle ao alcalde cando van executar as obras de urbanización pendentes na rúa Valiño

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2018.- O grupo municipal do BNG interpelará o alcalde, Martiño Noriega, para coñecer o prazo de execución das obras de urbanización da rúa Valiño, toda vez que incumpriu os acordos plenarios de novembro de 2016 e xuño de 2017 para realizalas de xeito inminente.

Na rúa Valiño hai un tramo sen urbanizar nun estado lamentábel de abandono, onde non hai beirarrúa, unha escaleira está a medio construír e hai un espazo perigoso para as crianzas que atallan á escola de Monte dos Postes.

O concelleiro de Espazos cidadáns, Dereito á vivenda e Mobilidade contestou no Pleno de novembro de 2016 que as obras estaban contratadas e o proxecto en fase de redacción, que estaría a finais de 2016 redactado, ademais de ter unha partida orzamentaria de 78.000 euros para facer as obras a inicios de 2017.

Ante as queixas recibidas pola veciñanza da zona, que segue a padecer problemas polo mal estado en que se encontra este espazo público, o BNG quere instar o Goberno local a realizalas e coñecer cal é o prazo previsto para facer realmente estas obras, perante os reiterados incumprimentos de acordos plenarios.

O BNG pregúntalle ao alcalde cando van executar as obras de urbanización pendentes na rúa Valiño