FEMINISMO

O BNG presenta o libro “Invisibles” na campaña do Día Internacional das Mulleres

invisibles
invisibles

Será o xoves 1 de marzo ás 19:00 h. na libraría Lila de Lilith

O BNG presenta o libro “Invisibles” na campaña do Día Internacional das Mulleres

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018.- A escritora Montse Fajardo, especializada en literatura feminista, presentará o libro "Invisibles" acompañada da concelleira de Igualdade en Pontevedra, Carmen Fouces. O acto, enmarcado na programación do BNG polo Día Internacional das Mulleres, será o xoves 1 de marzo ás 19:00 h. na libraría Lila de Lilith (rúa Travesa, 7)

Montse Fajardo fai parte do equipo redactor do programa “A memoria das mulleres” promovido polo Concello de Pontevedra. “Invisibles” está conformado por sete relatos do maltrato nun libro que recolle historias reais de mulleres que padeceron a lacra da violencia machista, contadas por elas mesmas ou pola súa xente, no caso das que foron asasinadas.

Con anterioridade, Fajardo escribiu dous libros coa memoria histórica como fío: “Matriarcas, mulleres en pé de vida” (2012) protagonizado por mulleres da posguerra galega, que vai pola cuarta edición; e “Un cesto de mazás, memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu” (2015), que recolle dezaseis historias de familias que sufriron a represión tras o golpe de Estado fascista, xa na segunda edición.