PLENO

O BNG propón abrir unha nova convocatoria da campaña de distribución de composteiros domiciliarios

composteiro
composteiro

Son idóneos para tratar a materia orgánica do fogar, que supón o 50% do lixo

O BNG propón abrir unha nova convocatoria da campaña de distribución de composteiros domiciliarios

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2016.- O defenderá no vindeiro Pleno unha moción de urxencia para abrir unha nova convocatoria da campaña de distribución de composteiros domiciliarios.

O Concello de Santiago principiou en 2003 unha campaña, en colaboración con ADEGA, para a instalación de composteiros domiciliarios. Nas diversas convocatorias repartíronse máis de 550 composteiros, que daban lugar a unha bonificación na taxa por prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos, a petición das persoas interesadas. O único requisito dos fogares era ter un pequeno espazo de horta ou xardín.

Estes recipientes, construídos en plástico reciclado e cunha capacidade para 320 litros, son idóneos para tratar a materia orgánica xerada no fogar, que supón o 50% do lixo.  A compostaxe é un método sinxelo de transformar os residuos orgánicos en compost que se incorpora aos solos e mellora a súa estrutura física, as súas propiedades químicas e microbiolóxicas e, xa que logo, a súa fertilidade.

 

En cada unha destas campañas realizábase unha charla coas persoas adxudicatarias para lles explicar o funcionamento do composteiro e se lles entregaba un manual sobre a elaboración do fertilizante. Logo había unha segunda visita aos dous ou tres meses, e outra aos seis meses, cando o abono xa estaba formado e en condicións de ser usado.

 

 

O BNG propón abrir unha nova convocatoria da campaña de distribución de composteiros domiciliarios