PLENO

O BNG quere ampliar o servizo municipal de madrugadores coa opción de non contratar o almorzo nos centros escolares

Traslada esta demanda de nais e pais ao Pleno para que se inclúa no novo prego de contratación deste servizo municipal

O BNG quere ampliar o servizo municipal de madrugadores coa opción de non contratar o almorzo nos centros escolares

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2017.- O BNG traslada ao Pleno unha demanda de nais e pais para que os centros escolares dispoñan dun servizo de recollida previa de alumnado que non inclúa o pagamento do almorzo do servizo de “madrugadores” cando non é preciso para a familia.

Moitas familias necesitan levar os seus fillos e fillas antes do horario lectivo ao colexio. Co fin de dar este servizo, o Concello de Santiago ten un servizo de “madrugadores” que permite que nas unidades familiares nas que traballen as nais e os pais con crianzas escolarizadas poidan deixalos nos respectivos centros escolares dende as 07:30 horas até a hora que comezan as clases. Durante este tempo as rapazas e rapaces están atendidos polo persoal cualificado da empresa adxudicataria deste servizo e participan en xogos, actividades de dinamización e danlle o almorzo. Esta medida dálle unha resposta eficaz a moitas familias, o que supuña un problema á hora de buscar alguén que se fixese cargo das nenas e nenos até o comezo das aulas.

Deste xeito, o BNG quere que se inclúa, no novo prego de contratación deste programa de conciliación, a posibilidade dun servizo de recollida temperán para aquelas nais e pais que non precisen de almorzo, para ofrecer “gardería” ou “atención previa” nos colexios e que non teñan a obriga de pagaren o almorzo por deixar os nenos e nenas 10 ou 15 minutos antes do horario de entrada.

O BNG quere ampliar o servizo municipal de madrugadores coa opción de non contratar o almorzo nos centros escolares