ENSINO

O BNG reclama que as actividades de conciliación de Nadal se estendan a máis barrios para descentralizar a oferta

bng
bng

Pide que se cumpra o acordo plenario para realizar un plan integral anual para a conciliación en Nadal, Semana Santa e verán

O BNG reclama que as actividades de conciliación de Nadal se estendan a máis barrios para descentralizar a oferta

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2019.- O BNG presentará unha pregunta no Pleno para coñecer se o Goberno local vai realizar un novo contrato o vindeiro ano para crear un plan integral do servizo de actividades de conciliación de Nadal, Semana Santa e verán; ademais de descentralizar a oferta a outros centros de ensino, tal como foi aprobado por anterioridade e reclama a federación de ANPAs.

A Xunta de Goberno local aprobou esta semana o contrato para prestar o servizo de actividades de conciliación familiar e laboral de Nadal no CEIP Monte dos Postes e no Raíña Fabiola, pese a que no Pleno de novembro de 2016 se aprobou unha iniciativa do BNG para realizar un plan integral anual para a conciliación en Nadal, Semana Santa e verán.

Esta iniciativa incluía descentralizar a oferta a máis centros de ensino para lle dar oportunidade e facilidades de participar a nenos e nenas de máis barrios e parroquias, tal como reclaman as ANPAs.

A proposta do BNG era un programa de actividades municipais en centros educativos, con carácter anual, para a conciliación da vida familiar e laboral, realizada mediante un único concurso, con maior dotación económica que permita ter prezos máis baixos para as familias e unha descentralización das actividades de Nadal, Semana Santa e verán.

Estas actividades desenvólvense exclusivamente en CEIP Monte dos Postes e Raíña Fabiola durante o Nadal e no CEIP Fontiñas e CEIP Raíña Fabiola durante o verán e, como mínimo, deben estenderse a Roxos, Lavacolla ou Quiroga Palacios para incrementar a vertebración territorial. Tamén debería haber unha oferta única, con maior coordinación entre outros departamentos do Concello que programan polo seu lado ou mesmo outras administracións que tamén organizan actividades deste tipo. 

 

O BNG reclama que as actividades de conciliación de Nadal se estendan a máis barrios para descentralizar a oferta