PLENO

O BNG reclama o arranxo da sinalización dos Colecamiños

sinais01
Sinalización sen mantemento dos camiños escolares

A falta de mantemento dificulta a conformación dunha contorna segura para o tránsito de escolares

O BNG reclama o arranxo da sinalización dos Colecamiños

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2018.- O BNG traslada ao Pleno unha iniciativa para reclamar o arranxo e reposición da sinalización dos Colecamiños, así como o seu mantemento, para crear unha contorna segura para escolares.

Os roteiros dos Colecamiños presentan un estado descoidado no relativo á sinalización horizontal e vertical, o que pode supor un perigo para as crianzas ao non estaren en boas condicións as referencias que atopan as persoas condutoras nos paneis indicadores de tráfico.

Esta falta de mantemento dificulta a conformación dunha contorna segura para o tránsito de escolares, que é unha das características desta iniciativa que procura que os nenos e nenas poidan ir a pé aos centros escolares, como un xeito máis saudábel e favorábel á redución de tráfico. Este sistema, ben aplicado, fai parte do cambio necesario de mobilidade e seguranza viaria que comparte o BNG para conseguir un novo modelo de cidade, que debera implicar a comunidade educativa para a súa efectiva implantación.

O BNG reclama o arranxo da sinalización dos Colecamiños