O BNG reclama o arranxo do asfaltado en Santas Mariñas ante as queixas recibidas da veciñanza

O BNG reclama o arranxo do asfaltado en Santas Mariñas ante as queixas recibidas da veciñanza

santas.marinhas01Pintaron os pasos de peóns sen arranxar previamente o firme, o que supón un malgasto de diñeiro público

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2016.- O grupo municipal do BNG de Santiago advertiulle ao Goberno local de Compostela Aberta do mal estado do firme dende a rúa da Estrada até o Cruce de Picaños, logo de recibir queixas da veciñanza de Santas Mariñas.

Ademais, residentes na zona expresaron a súa indignación ante o feito de que fosen pintar os pasos de peóns sen arranxar previamente o firme, xa que entenden que se malgasta o diñeiro público nestas actuacións sen facer previamente o básico.

Por outra banda, o pequeno comercio de Santas Mariñas esixe que pinten as zonas de carga e descarga que teñen reclamado dende hai meses, pois colocaron os paneis verticais que levan tapados un mes pero non a liña amarela da sinalización horizontal, mentres segue o guindastre acosando clientes e provedores, advirten.