MANTEMENTO

O BNG reclama o arranxo e mantemento das fontes ornamentais de Santiago de Compostela

Algunhas situadas en zonas de paseo están sen auga e acumulan sucidade


 

O BNG reclama o arranxo e mantemento das fontes ornamentais de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2020.- A portavoz do grupo municipal BNG, Goretti Sanmartín, preguntará no vindeiro Pleno cando ten previsto o Goberno local arranxar, recuperar e realizar o mantemento adecuado das fontes ornamentais.

Santiago de Compostela dispón de diversas fontes de carácter ornamental en enclaves destacados como a alameda, As Fontiñas ou Vite que, ademais de acumularen sucidade, están sen auga e non funcionan do xeito debido, segundo queixas recibidas no grupo municipal do BNG.

Ademais de ser precisa a súa posta en funcionamento, os labores de mantemento destas instalacións deben incluír a limpeza e con certa periodicidade a desinfección das partes más susceptíbeis de contaminación.