SEGURIDADE VIARIA

O BNG reclama beirarrúas na rúa do Outeiro do Sar, nas Fontiñas

outeirodosar.01
outeirodosar.01

É unha vía moi transitada á entrada e saída laboral e dos centros de ensino

O BNG reclama beirarrúas na rúa do Outeiro do Sar, nas Fontiñas

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2017.- O grupo municipal do BNG trasladará unha iniciativa ao vindeiro Pleno para acondicionar a rúa do Outeiro de Sar, nas Fontiñas, co obxectivo de incrementar a seguridade viaria, pois non dispón de beirarrúas.

Segundo queixas recibidas da veciñanza, hai un tramo na rúa do Outeiro de Sar que se fai especialmente perigoso cando anoitece, ao ser unha vía moi transitada en horas punta de entrada e saída laboral e dos centros de ensino, tanto por persoas que van a pé como en vehículos.

Deste xeito, o BNG reclamará no Pleno o acondicionamento do tramo da rúa do Outeiro de Sar, coa instalación de beirarrúas e iluminación adecuadas para incrementar a seguridade viaria no barrio das Fontiñas.

O BNG reclama beirarrúas na rúa do Outeiro do Sar, nas Fontiñas