O BNG reclama que se conecte o sistema de calefacción no Centro Sociocultural de Santa Marta

O BNG reclama que se conecte o sistema de calefacción no Centro Sociocultural de Santa Marta

As baixas temperaturas impiden o normal desenvolvemento de actividades organizadas por falta de confortabilidade no inverno

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2016.- O grupo municipal do BNG de Santiago requírelle ao Goberno local de Compostela Aberta que adopte, de inmediato, as medidas necesarias para poñer en funcionamento da calefacción no Centro Sociocultural de Santa Marta, pois as baixas temperaturas impiden o normal desenvolvemento de actividades organizadas.

O BNG presentou un rogo ao Pleno da Corporación onde recolle as queixas recibidas por persoas usuarias do Centro Sociocultural de Santa Marta e considera que debe dárselle unha solución a este problema canto antes.

Este centro foi inaugurado en decembro do ano 2012 e a falta de calefacción dificulta a realización de diversas actividades, á parte de non proporcionarlles un ambiente acolledor nos meses de inverno ás persoas que usan esta instalación municipal.

O BNG reclama que se conecte o sistema de calefacción no Centro Sociocultural de Santa Marta