SERVIZOS

O BNG require que se axilicen os trámites para reabrir a cafetaría da Granxa do Xesto

Rubén Cela insta ao Goberno local a revisar os pregos de condicións e a licitar a contratación do servizo para que poida estar operativa na primavera

O BNG require que se axilicen os trámites para reabrir a cafetaría da Granxa do Xesto

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2018.- O grupo municipal do BNG de Santiago reclama que se inicien e revisen os trámites para a licitación da cafetaría da Granxa do Xesto co fin de que poida abrir esta primavera.

O concurso quedara deserto porque as condicións propostas polo Concello eran abusivas sobre o retorno real, explicou Rubén Cela. Deste xeito, insta ao Goberno local a corrixir estes pregos de condicións e licitar de inmediato o concurso para que estea operativa a partir da primavera.

A cafetaría da Granxa do Xesto pechou as súas portas o 16 de outubro de 2016 despois de 12 anos ofrecendo o servizo de bar e de aseos, posto que é unha zona de lecer concorrida, sobre todo, por familias con crianzas.

Deste xeito, o BNG xa presentou diversas iniciativas en anos anteriores para impulsar o proceso de redacción dos pregos de condicións das concesións desta cafetaría.