PLENO

O BNG traslada ao Pleno o arranxo das escaleiras da rúa da Torreira

A Torreira
A Torreira

Recibiu queixas da veciñanza do Romaño do total abandono deste paso de acceso que se volve intransitábel cando chove

O BNG traslada ao Pleno o arranxo das escaleiras da rúa da Torreira

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2017.- O grupo municipal do BNG reclama o acondicionamento das escaleiras da rúa da Torreira, tal como demanda a veciñanza do Romaño, posto que se atopan nun estado lamentábel e de total abandono.

O BNG trasladará esta petición ao vindeiro Pleno, “para que se eliminen as herbas, lixo, verdín e musgo das escaleiras, xa que nos días de choiva se volven intransitábeis ao provocar que a xente esvare”, recolle o texto da iniciativa.

Reclama tamén que se elimine a maleza do espazo verde próximo, “que precisa dunha actuación de desbroce e poderíase converter nunha área  de descanso”. Conta cun hórreo público rehabilitado hai uns anos que necesita dunha actuación de mantemento.