PLENO

O BNG traslada ao Pleno as reclamacións da veciñanza para arranxar as deficiencias das obras da rotonda de Conxo

Queren que se mellore a mobilidade peonil para evitar que o barrio quede dividido por unha vía de circulación

O BNG traslada ao Pleno as reclamacións da veciñanza para arranxar as deficiencias das obras da rotonda de Conxo

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2017.- O BNG prosegue coa campaña para demandarlle a Fomento as obras pendentes para a humanización de Conxo, de acordo coa veciñanza, e presentará unha moción ao vindeiro Pleno para que se arranxen as deficiencias causadas coas obras da rotonda, pois na práctica é o único paso de comunicación do que o barrio dispón, ademais de reclamar que mellore a mobilidade peonil para evitar que quede dividido por unha vía de circulación.        

A veciñanza de Conxo sufriu durante anos os cortes de tráfico e os atrasos acumulados dunhas obras na rotonda e no paso inferior que, finalmente, tiveron un mal resultado de execución, tanto nos remates como nos problemas xurdidos cos desaugues e coa canalización de augas pluviais. A estética actual é dunha obra sen rematar, non é de calidade nin se integra na paisaxe urbana.

Este tramo carece de illamento sonoro, circulan milleiros de vehículos cada día que fan moito ruído perto das vivendas, o que provoca unha exposición continuada á contaminación acústica.

 

Faise necesario  tamén adoptar criterios de mobilidade, de seguridade peonil e de mellora deste espazo público para favorecer a conexión dunha beira e outra da estrada, co fin de evitar que a vía divida o barrio como acontece na actualidade.

 

Para entrar na rotonda hai un carril de incorporación curto, un ceda ao paso e un STOP perigosos. Cómpre adecuar a sinalización nesta zona. No mesmo sentido da seguridade viaria: as incorporacións a rotonda desde o Milladoiro e desde a rúa Sánchez Freire teñen que ceder o paso a dereita e esquerda ao mesmo tempo. Por outro lado, a incorporación na saída cara ao Milladoiro é moi curta logo dunha curva na que o tráfico do túnel chega a moita velocidade facendo perigosa a incorporación.

O BNG traslada ao Pleno as reclamacións da veciñanza para arranxar as deficiencias das obras da rotonda de Conxo