SERVIZOS

O BNG traslada as queixas de falta de poda de árbores que interrompen o servizo de teléfono en San Lázaro

sanlazaro02
Tendido telefónico en San Lázaro

Reclama tamén que se manteña a zona de seguranza sen vexetación no tendido eléctrico para evitar avarías e risco de incendios

O BNG traslada as queixas de falta de poda de árbores que interrompen o servizo de teléfono en San Lázaro

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2018.- O grupo municipal do BNG de Santiago recibiu queixas da veciñanza de San Lázaro sobre a falta de poda de árbores que tocan as liñas telefónicas e interrompen o servizo cando hai vento. Deste xeito, reclámalle ao equipo de Martiño Noriega que realice as xestións necesarias para evitar este problema na rúa Fernando de Casas Novoa.

A veciñanza de San Lázaro sofre constantes cortes no servizo de telefonía fixa debido á liña aérea que se entrelaza coas polas de árbores de grandes dimensións que non foron podadas nos últimos anos. Así, explican que cando sopra un pouco de vento os teléfonos quedan sen funcionar.

A formación nacionalista reclámalle ao Goberno local de Compostela Aberta que pode, de urxencia, as árbores deste lugar para que se restabeleza o normal funcionamento do servizo de telefonía, ademais das que tocan o tendido eléctrico da iluminación pública co obxectivo de manter a zona de seguranza pertinente para evitar avarías e risco de incendios.

O BNG traslada as queixas de falta de poda de árbores que interrompen o servizo de teléfono en San Lázaro