ACTO PÚBLICO

Debate de Joan Tardà (ERC) e Ana Pontón (BNG) sobre os retos do soberanismo após a moción de censura

cartaz
cartaz

Será o mércores 6 de xuño ás 18:00 h. na Facultade de Ciencias Políticas da USC
 

Debate de Joan Tardà (ERC) e Ana Pontón (BNG) sobre os retos do soberanismo após a moción de censura

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2018.- O BNG convida Joan Tardà, portavoz de Esquerra Republicana de Catalunya no Congreso, a un debate coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ao ser un dos principais protagonistas da recente moción de censura contra Mariano Raxoi. No acto público, que será o mércores 6 de xuño ás 18:00 h., na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela, trataranse os retos de futuro do soberanismo catalán.

Con Joan Tardà, tratarase o novo contexto político que se abre en Catalunya coa conformación do Govern e tamén os escenarios para conformar novo Goberno no Estado español, a derrogación da aplicación do artigo 155 e a posibilidade de convocatoria de eleccións.

Joan Tardà e Coma (Barcelona, 1953) é un político independentista catalán de ERC e catedrático de Lingua e Literatura Catalá. Foi concelleiro en Cornellá de Llobregat e na actualidade é deputado no Congreso dos/as Deputados/as, onde realizou diversas intervencións en catalán para lle dar visibilidade ás trabas lingüísticas que padecen. Destaca, ademais, polas iniciativas ao abeiro da Lei de Memoria Histórica.