ACTO

Debate público sobre “A Compostela do futuro”

A Compostela do futuro
A Compostela do futuro

Será o venres ás 20:00 na Casa do Matadoiro

Debate público sobre “A Compostela do futuro”

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017.- Un debate público sobre “A Compostela do futuro”, organizado polo BNG, servirá para analizar o ecuador do mandato municipal de xeito participativo coa veciñanza. O acto será o venres ás 20:00 horas na Casa do Matadoiro e contará con Rubén Cela e Goretti Sanmartín Rei, do grupo municipal; Cristina Lerma, profesora e veciña de Conxo; Xosé Manuel Quintáns, veciño de Figueiras; e Ramón Daniel Regueiro, estudante e veciño do Castiñeiriño.

Cultura, servizos sociais, emprego, feminismo, mocidade, ecoloxía, servizos básicos, lingua, turismo, mobilidade, urbanismo e asociacionismo serán algúns dos temas que centrarán o debate aberto á participación do público.

Deste xeito, o BNG convida á veciñanza a asistir a este evento que servirá tamén para recoller ideas e propostas para os vindeiros dous anos de curso político no Concello de Santiago de Compostela.