PLENO

O BNG traslada ao Pleno as demandas da veciñanza da nova urbanización de San Marcos

Pese a dispor de licenza de primeira ocupación, non conta con servizos básicos municipais de iluminación, limpeza e rozado de vexetación

O BNG traslada ao Pleno as demandas da veciñanza da nova urbanización de San Marcos

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2017.- O grupo municipal do BNG rexistrou unha moción para o Pleno de marzo co fin de que o Concello de Santiago proceda, no prazo dun mes, a dotar dos servizos básicos de iluminación pública, limpeza e rozado de vexetación a zona da urbanización de San Marcos que dispón de licenza de primeira ocupación.

A nova urbanización de San Marcos, pese a dispor de licenza de primeira ocupación, non conta con servizos básicos como recollida de lixo nalgunhas rúas, limpeza, rozado de vexetación en terreos municipais nin iluminación pública, polo que as zonas comunitarias que son responsabilidade do Concello de Santiago se encontran en estado de abandono.

Ademais, esta urbanización figura no Catastro como rematada e viuse afectada pola revisión de valores polo que, sen dispor de servizos, incrementóuselle o importe do Imposto de Bens Inmóbeis.