ELECCIÓNS

Fins Eirexas

fins
Fins Eirexas

Fins Eirexas vai no número 11 da candidatura do BNG ás eleccións municipais

Fins Eirexas

Nacín en 1967. Son licenciado en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo; diplomado en Didáctica das CC. Experimentais pola USC.

Exercín o labor de xeólogo e consultor ambiental até 2002.

Colaborador do Consello da Cultura Galega en proxectos conveniados coa USC sobre información ambiental e científica nos medios de comunicación (2002-2004).

Investigador do Departamento de Didáctica das CC. Experimentais da USC entre 2006 e 2010 participando en proxectos estatais e europeos sobre a argumentación e uso de probas en ciencias.

Son membro da secretaría técnica de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), desenvolvendo dende 2006 até a actualidade labores de secretario executivo.

Militante do BNG dende os anos ’90 e tamén son delegado sindical da CIG.

Fins Eirexas