ELECCIÓNS

Goretti Sanmartín (BNG): "Afrontamos este proceso electoral con ilusión, con forza e con ánimo para que Galiza teña voz propia"

28A
28A

A candidata do BNG á Alcaldía, Goretti Sanmartín, realizou un chamamento á participación nestas Eleccións Xerais do 28A, logo de votar na Facultade de Historia acompañada do candidato nacionalista ao Congreso, Néstor Rego, e do concelleiro Rubén Cela.

Goretti Sanmartín (BNG): "Afrontamos este proceso electoral con ilusión, con forza e con ánimo para que Galiza teña voz propia"

Sinalou que o BNG "afronta este proceso electoral con ilusión, con forza e con ánimo para que Galiza teña voz propia e para que o conxunto da poboación poida, finalmente, escoller cal quere que sexa a representación no Goberno do Estado".

"No BNG vimos con moito optimismo e con moita ilusión porque sabemos que hai esa corrente de simpatía e entendemos que o importante hoxe é que fale o conxunto da poboación, que a cidadanía decida e e que, despois de escoitar as mensaxes destes días, tome a súa opción definitiva", destactou.