ELECCIÓNS

Goretti Sanmartín: “O BNG presenta unha magnífica candidatura este 12X que inclúe representantes do tecido social de Compostela”

Candidatura12X Compostela
Candidatura12X Compostela
O BNG é a forza política que máis incrementa os seus apoios para conseguir liderar o Goberno da Xunta coa candidata Ana Pontón
Goretti Sanmartín: “O BNG presenta unha magnífica candidatura este 12X que inclúe representantes do tecido social de Compostela”

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2020.- A candidatura do BNG ás eleccións galegas para o 12X integra persoas coñecidas de Compostela como o ex-secretario xeral da CIG Suso Seixo, o ex-secretario xeral de Adega Manuel Soto, a activista LGBT+ Daniela Ferrández, o escritor e ex-concelleiro en Santiago Rafa Vilar, a adestradora e concelleira en Ames Escarlata Pampín, a traballadora da CRTVG Concha de la Fuente, do Sergas Xoán Freire e da Xunta Concha Lopes, ademais da cabeza de lista Ana Pontón, que tamén é veciña de Santiago.

“Trátase dunha magnífica representación do tecido social compostelán, de persoas comprometidas con ámbitos diversos como a ecoloxía, o colectivo LGBT+, o sindicalismo, a cultura, o deporte, a sanidade, o feminismo, os dereitos civís e os medios públicos de comunicación”, sinalou Goretti Sanmartín, directora de campaña do BNG nestes comicios. É, polo tanto, dun equipo de persoas que se presentan ás eleccións do 12X “co obxectivo de axudar a conseguir o cambio galego necesario para a reconstrución económica e social do país”, engadiu.

“O BNG é a forza política que máis incrementa os seus apoios e está a recibir numerosa colaboración e simpatía nesta campaña para lograr un grupo parlamentario amplo que permita liderar o Goberno da Xunta coa candidata Ana Pontón e desenvolver un programa cheo de propostas en defensa das cuestións claves para a maioría social do país como a recuperación dos servizos públicos”, explicou.

As listas para estas eleccións foron confeccionadas con propostas de 25 asambleas comarcais nas que participaron 1.500 persoas, xunto coas asembleas telemáticas dos grupos da emigración, e conformadas polo Consello Nacional do BNG.

Goretti Sanmartín: “O BNG presenta unha magnífica candidatura este 12X que inclúe representantes do tecido social de Compostela”