ORZAMENTOS

Goretti Sanmartín cualifica de “prepotencia” o feito de que o alcalde, que está en minoría, anuncie os Orzamentos sen reunirse coa oposición

BNG
BNG

“Levamos 6 meses solicitando unha xuntanza para falar do Orzamento de 2021”, advirte a portavoz do BNG

Goretti Sanmartín cualifica de “prepotencia” o feito de que o alcalde, que está en minoría, anuncie os Orzamentos sen reunirse coa oposición

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2021.- A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, cualificou de “prepotencia absoluta” e de “escandaloso”, por parte dun Goberno en minoría, o anuncio do alcalde de que vai presentar os Orzamentos o venres 29 de xaneiro sen informar os grupos.

Despois de 6 meses en que todos os grupos da oposición, nomeadamente o Bloque Nacionalista Galego, leve solicitando unha xuntanza para poder falar do Orzamento 2021 que ten que ter como eixo prioritario a axuda aos sectores máis afectados pola crise e os colectivos máis vulnerábeis, “resulta escandaloso que o alcalde faga unha presentación de que os documentos sobre os Orzamentos van ser públicos o próximo venres tanto para os medios de comunicación, para o público en xeral como para os grupos da oposición”, advertiu.

Así, cualificou este feito de “xesto de prepotencia absoluta” por parte dun Goberno en minoría. “Se todos os gobernos teñen que dialogar e chegar a acordos, moito máis nestes momentos que deberían ser de man tendida coas forzas da oposición para chegar a acordos unánimes, de aí esta prepotencia nun Goberno local en minoría que precisa a forza do diálogo cos outros grupos políticos para levar adiante uns Orzamentos”, engadiu.

Entende, por tanto, que este anuncio de Xosé Sánchez Bugallo “é un acto de prepotencia de considerar que pode gobernar da maneira que queira e que pode exercer case unha dirección absolutista no Concello de Santiago”.

 

Goretti Sanmartín cualifica de “prepotencia” o feito de que o alcalde, que está en minoría, anuncie os Orzamentos sen reunirse coa oposición