ORZAMENTOS

Goretti Sanmartín cualifica o proceso de negociación de “Orzamentos fantasma” porque o PSOE non entregou nin un borrador

Pazo de Raxoi
Pazo de Raxoi

 Recordou a listaxe de propostas que trasladou o BNG para poder brindar o seu apoio

Goretti Sanmartín cualifica o proceso de negociación de “Orzamentos fantasma” porque o PSOE non entregou nin un borrador

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2020.- A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, cando se fai un mes da primeira reunión sobre os Orzamentos municipais co grupo do Goberno, cualificou este proceso de elaboración de “Orzamentos fantasma”, pois non hai nin un borrador e “apenas se coñecen algúns investimentos que anunciou o grupo de Goberno pero con cifras e títulos de conceptos totalmente opacos”.

“A esta reunión de 10 de xaneiro seguiu outra, mais non houbo continuidade na negociación”, explicou. Neste proceso dun “Orzamento express ao que nos somete este Goberno local cun borrador descoñecido”, a concelleira de Facenda falaba de que non podía ser como un chicle; “nós pensamos que é como un fantasma, unha néboa difusa onde non se sabe cal é o texto nin o borrador, porque é un documento descoñecido mesmo cando o grupo de Goberno afirma que o vai levar ao Pleno desde mes de febreiro”.

Segundo afirmou Goretti Sanmartín, despois dun mes de iniciadas as negociacións, estas “non avanzan, están estancadas; non se sabe cal vai ser a saída”.

Para o BNG, algunhas propostas son imprescindíbeis para incluír nos Orzamentos, como lle trasladou ao PSOE cando iniciaron as negociacións. Referiuse á cuberta da piscina de Sar, aos parques cubertos do Castiñeiriño e das Fontiñas, aos plans de actuación para os barrios das Fontiñas e da Estila, ao centro para persoas sen fogar, unha cantidade importante para o saneamento e abastecemento do rural, ao aparcadoiro de xestión pública no campus sur, á vivenda protexida para mocidade en Xoán XXIII, ao proxecto para unha planta comarcal de compostaxe, ao pagamento de impostos fraccionado e á carta, ao servizo de inspección para contratos externalizados e ao plan de actividades extraescolares e de conciliación.

Goretti Sanmartín cualifica o proceso de negociación de “Orzamentos fantasma” porque o PSOE non entregou nin un borrador