ORA

Goretti Sanmartín destaca que a reforma da ORA ten “luces e sombras”

ora
ora

Indicou que bota en falta “un proceso máis ambicioso que vaia máis alá de reforma da ORA, para ir a un proxecto de transformación real do que significa o transporte e a accesibilidade en Santiago de Compostela”

Goretti Sanmartín destaca que a reforma da ORA ten “luces e sombras”

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2019.- A portavoz municipal nacionalista, Goretti Sanmartín Rei, a preguntas de xornalistas, realizou unha valoración inicial da proposta de reforma da ordenanza da ORA e destacou que ten “luces e sombras” porque atende algunhas das demandas veciñais mais non inclúe o proxecto piloto de zonas de aparcadoiro en rotación de balde.

O BNG vén de recibir a documentación da modificación da ORA, que recolle algunhas das demandas veciñais. “Vemos con bos ollos que se incluíron nesta ordenanza  melloras para persoas con diversidade funcional, coches eléctricos e residentes na Cidade Histórica”, explicou Goretti Sanmartín.

Mais hai outros elementos que faltan, porque non se inclúe un proxecto piloto en determinadas zonas da cidade para probar un sistema de rotación gratuíto, como propuxera o BNG e o concelleiro se comprometera a incluír.

Outro dos puntos é que non están a funcionar os aparcadoiros disuasorios, nun caso ten uso para o hospital e noutros están baleiros; “entendemos que é necesaria unha campaña importante para que a xente poida deixar o coche neses aparcamentos da periferia e usar o transporte colectivo de baixo custo para desprazarse ao centro”.

Outra alternativa para a xente que ten que moverse polo Ensanche é a posibilidade dun novo aparcadoiro público para dar servizo ao comercio “que pode ser no campus sur; un dos acordos para os Orzamentos municipais de anos anteriores entre BNG e CA e que non se chegou a realizar”, lembrou.

Esta ordenanza da ORA ten “luces e sombras”, “apartados que recollen demandas históricas e outras que estudaremos con máis vagar porque entendemos que era o momento de dar un paso máis e estudar se é posíbel facer unha rotación de vehículos sen ese pagamento, que funciona ben en lugares como en Pontevedra”. Nese sentido, indicou que bota en falta “un proceso máis ambicioso que vaia máis alá de reforma da ORA, para ir a un proxecto de transformación real do que significa o transporte e a accesibilidade en Santiago de Compostela”.

Goretti Sanmartín destaca que a reforma da ORA ten “luces e sombras”