ELECCIÓNS

Goretti Sanmartín inclúe no programa medidas para favorecer a cooperación para o desenvolvemento

Reunión coa directiva de ONGD
Reunión coa directiva de ONGD

Propón que se lles conceda un local con horarios axeitados

Goretti Sanmartín inclúe no programa medidas para favorecer a cooperación para o desenvolvemento

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2019.- A cabeza de lista do BNG, Goretti Sanmartín, e a número 4 da candidatura, Pilar Lueiro, reuníronse coa directiva da Coordinadora Galega de ONG para incluír propostas para o programa electoral no relativo a incrementar a xustiza social mediante programas locais de cooperación para o desenvolvemento.

O BNG adquiriu o compromiso de aplicar desde o ámbito municipal as competencias en materia de cooperación para o desenvolvemento cun enfoque de xénero, en defensa dos dereitos humanos e de sustentabilidade ambiental para garantir a vocación transformadora.

Ademais, trasladou que o BNG vai apostar por dotacións orzamentarias para políticas municipais de cooperación para o desenvolvemento, ademais de continuar coa convocatoria de axudas públicas transparentes e en concorrencia competitiva para iniciativas de cooperación en países empobrecidos. Defende tamén un proxecto de educación para o desenvolvemento e sensibilización; que sirva para fomentar unha cidadanía crítica, comprometida e participativa.

Outro dos puntos da reunión, aos que se comprometeu o BNG, foi atender a necesidade de dispor dun local para este colectivo que poida ser utilizado en horarios habituais das súas reunións.