EDUCACIÓN

Goretti Sanmartín participa este sábado na Xornada de Comedores Escolares organizada pola Confederación de ANPA galegas

bng
bng

O BNG empraza a convocar o Consello Municipal de Educación canto antes

Goretti Sanmartín participa este sábado na Xornada de Comedores Escolares organizada pola Confederación de ANPA galegas

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2019.- A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, participa este sábado, no CEIP Apóstolo Santiago, na Xornada de Comedores Escolares, organizada pola Confederación de ANPA galegas, nunha mesa redonda titulada “Os comedores escolares en Santiago: cara a un modelo de comedor saudable e de calidade?”

Na súa intervención sinalará que “definir o modelo dos comedores escolares é un acto político, o mesmo que ir facer a compra”. Para o BNG, redactar o prego de comedores e sacar o novo concurso de acordo coas peticións das ANPA ten que ser unha prioridade política máxima. Nos últimos catro anos seguiuse un modelo con  moitos problemas e cheo de queixas por parte das familias, en que non se atenderon as queixas relativas á comida de baixa calidade, falta de especialización das funcións a realizar e de comunicación coa empresa prestadora do servizo. Deste xeito, empraza a convocar o Consello Municipal de Educación canto antes.

Ademais, destacou “o traballo intenso por parte das ANPA”, “que fixeron o traballo que tiña que facer a Administración de controlar, avaliar, redefinir o modelo, pór enriba da mesa alternativas, solicitar debate e buscar consenso, moi por diante da propia Administración local”.

Para o BNG é necesario estabelecer nos pregos de contratación un límite da distancia para traer os alimentos, a definición dun proxecto educativo onde a capital de Galiza debe ser vangarda e pioneira, a diferenciación por lotes de contratación para o servizo de alimentación e transporte e, por outro lado, o de monitoraxe e propiamente educativa. Isto axudaría tamén a que participasen empresas locais e comarcais. Ademais, cuestiona que se renuncie a que se poidan facer varios lotes por colexios próximos, tamén na liña de ofertar unha proposta que poida dar traballo a pequenas empresas locais.

Tamén o BNG reclama cociña e cociñeiros/as no propio centro, a comezar cunha experiencia piloto, mentres non se poida estender a todos os centros. En calquera caso, a proximidade máxima das cociñas aos colexios deben ser os 50 Km que din as ANPA, unha distancia máis que suficiente.

Explicou que o BNG avoga pola utilización de produtos de proximidade, frescos, galegos, ecolóxicos e de tempada, que favorecen o tecido empresarial local e o pequeno comercio, o que redunda na calidade do servizo e na economía compostelá.

Goretti Sanmartín participa este sábado na Xornada de Comedores Escolares organizada pola Confederación de ANPA galegas