Goretti Sanmartín propón recuperar a Concellaría de Cidade Histórica, creada polo BNG e eliminada por PP e CA

flc
flc

Realizou unha visita ás instalacións da Fundación Laboral da Construción acompañada de Rubén Cela e Ana Pontón

Goretti Sanmartín propón recuperar a Concellaría de Cidade Histórica, creada polo BNG e eliminada por PP e CA

A candidata do BNG á Alcaldía de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartí, lembrou que o BNG puxo en marcha unha concellaría da Cidade Histórica que foi eliminada polo Partido popular e Compostela Aberta e agora, explicou,  o borrador do Plan especial recomenda a súa recuperación. Por outra parte, tamén acusou o Goberno municipal de Santiago de “deixar morrer” a Oficina de Rehabilitación polo que propuxo a súa restitución.   

Para Sanmartín, a Fundación Laboral da Construción “é un referente” en políticas de rehabilitación e ofrece un gran número de cursos de formación para persoas desempregadas. Neste sentido, suliñou  que no ano 2017 máis de 1.300 persoas participaron dos cursos e, en Santiago de Compostela, das máis das 5.000 persoas desempregadas, 400 pertencen ao sector da construción e criticou que  “o concello deixara sen executar máis de 1 millóns de euros en políticas de formación de emprego”.

O propio lugar onde se empraza a Fundación, dixo, Goretti Sanmartín representa  “o exemplo de rehabilitación dunha curtiduría” polo que  demandou a recuperación de curtidurías existentes en Santiago para que a súa rehabilitación serva para dar a coñecer  o valor destes edificios, os seus elementos e oficios, “referentes en Santiago de Compostela”, concluíu.