Navia Rivas de Castro

navia
Navia Rivas

Vai no número 2 da candidatura do BNG ás eleccións municipais de 2019 de Santiago de Compostela

Navia Rivas de Castro

Teño 26 anos, estudei o Grao en Filosofía pola USC e un Máster Interuniversitario de Lóxica e Filosofía da Ciencia pola USC. Na actualidade estou desenvolvendo un proxecto de doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia, concretamente sobre explicación matemática.

No plano político participei no movemento estudantil nos Comités e comecei a militar en Galiza Nova e no BNG en 2013. Son integrante do Consello Nacional do BNG e fun responsábel comarcal da comarca da Montaña. En Galiza Nova son integrante da Comisión Permanente e a Dirección Nacional e responsábel de Relacións Internacionais.

Levo vivindo en Santiago desde o 2010, actualmente resido no barrio de San Pedro.

Como afeccións podo sinalar a música tradicional e a música en xeral, a literatura (escribo poesía) e o deporte.

Navia Rivas de Castro