TRANSPORTE PÚBLICO

O BNG reclama o traslado da marquesiña de bus situada a carón do centro sociocultural da Gracia

A Gracia
A Gracia

A veciñanza advirte que a parada do autobús urbano non se corresponde co lugar onde está instalada a marquesiña

O BNG reclama o traslado da marquesiña de bus situada a carón do centro sociocultural da Gracia

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016.- O grupo municipal do BNG, logo de manter unha reunión coa asociación veciñal da Gracia, reclama o cambio da marquesiña situada a carón do centro sociocultural para o lugar onde fai a parada o autobús urbano.

A actual parada de autobús de San Silvestre, na Gracia, non se corresponde co punto onde está situada a marquesiña, polo que a veciñanza require que se mude para o novo emprazamento. Explican que, pese a estar próxima a marquesiña da parada, non hai visibilidade para saber cando se aproxima o transporte público.

Deste xeito, o BNG lémbralle ao Goberno local que debe revisar a localización das marquesiñas para que se correspondan coas actuais paradas de autobús, para ofrecer un mellor servizo ás persoas usuarias.