Rubén Cela advirte que o Goberno local “cedeu no importante para desbloquear a estación intermodal e agora Santiago sae perdendo”

Rubén Cela advirte que o Goberno local “cedeu no importante para desbloquear a estación intermodal e agora Santiago sae perdendo”

Compostela Aberta aceptou asumir o gasto, condicionar a data da obra a conseguir o número de visitantes e unha pasarela descuberta para conectar as terminais

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2016.- O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, valorou a reunión para desbloquear a estación intermodal entre as distintas administracións e advertiu que o Goberno de Santiago de Compostela “cedeu no importante e saíu perdendo”.

Deste xeito, cuestionou que o Concello de Santiago “vai ter que poñer diñeiro para realizar esta infraestruturas, cando antes non estaba previsto; aceptou o proxecto condicionado á data de consecución do número de pasaxeiros e pasaxeiras, pese a que non se sabe cando se vai conseguir; e aceptou unha pasarela minúscula e descuberta para unir as terminais de tren e de autobús”. Así, afirmou, “o resultado non vai ser unha intermodal, senón unha nova estación de autobuses conectada á vella estación de tren cunha pasarela ridícula”.

O PP fixo que se perdesen os últimos catro anos na construción da estación intermodal, mais Compostela Aberta aceptou ás primeiras de cambio unha solución que non está á altura do que Santiago merece e precisa, explicou.

“A solución aceptada por Compostela Aberta posibelmente sexa a mellor para a Xunta de Galiza e para o ADIF, mais non para Santiago de Compostela”, sinalou.

Rubén Cela advirte que o Goberno local “cedeu no importante para desbloquear a estación intermodal e agora Santiago sae perdendo”